viernes, 6 de julio de 2007

OS ACTIVISTAS DA ONG AMARANTE PARTEN PARA BRASIL, ECUADOR E MARROCOS

Viaxan a Brasil e Marrocos os dous primeiros grupos de activistas que participarán este verán en Campos de Solidariedade no Sur dentro do Ciclo de Educación para o desenvolvemento Xanela Aberta ao Sur que organiza a ong AMARANTE.

O Xanela 2.007 e a octava edición deste programa organizado pola ONG AMARANTE e no que colabora a Duirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia e neste ano participaron na súa etapa formativa 60 persoas, das que van a viaxar durante os meses de xullo e agosto unha veintena de diferentes puntos de Galicia. As persoas participantes estan encadradas en 5 grupos con destino Brasil ( 1 en xullo e 1 en agosto ), Marrocos ( 2 grupos en xullo ) e Ecuador ( 1 grupo).

Os viaxeiros participantes no programa XANELA ademais de coñecer directamente a realidade do Sur por medio da convivencia coas comunidades dos paises do Sur, tamen colaborarán en diversas actuacións dentro dunha planificación concretada coa organización do Sur que as recibe. Así os que viaxan a Brasil van a coñecer o Movemento dos Sem Terra, tanto na súa estructura central en Sao Paulo como percorrendo algunhas das ocupacións e asentamentos onde os campesiños sen terra e as súas familias desenvolven a súa vida e os seu traballo.

En Ecuador os participantes coñeceran da man de Maquita, unha das maiores cooperativas de comercio xusto do mundo, a elaboración de produtos de comercio xusto como o azucre ou as marmeladas que Amarante importa directamente a Galicia.

Por último en Marrocos, novidade deste ano, un dos grupos formado por profesionais do xornalismo faran unha reportaxesobre o traballo das mullleres no sector téxtil en Tanxér. Namentras que un segundo grupo fara traballo educativo coas mulleres organizadas no colectivo Attawhassoul.

No hay comentarios: